lunes, 20 de enero de 2025

PROTOCOLOS SOBRE ACTUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIAS SANITARIAS.

 


 

 O primeiro paso, cando a situación saia do que poidamos manexar é, de inmediato pedir axuda e se se pode chamar a estes teléfonos, seguindo as instrucións que nos dean.

061 serve para Galicia.

112 é un teléfono para usar a nivel nacional, europeo e en casos en que non teñamos cobertura.

A SEGUIR COLOCAMOS A INFORMACIÓN DA Xunta con todos os protocolos publicados, con aqueles procedementos a seguir en diversos casos de emerxencia.

Protocolo de Urxencias Sanitarias

As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.

 Clicando en cada un dos enlaces podemos descargar en pdf, cada un dos documentos.

 

 

 

viernes, 10 de mayo de 2024

FRENANDO A VIOLENCIA

 


Ás veces non nos atrevemos a achegarnos a un cartel no que figuran os lugares e os teléfonos que poden sernos de axuda, por eso, aquí, poñemos ese mesmo cartel, para facilitar o acceso á información que precisen aquelas persoas que sexan vítimas de violencia.


Por se resulta difícil ler os teléfonos do cartel, imos escribilos debaixo:


A Coruña: 981 185 179

Santiago de Compostela: 981 581 713

Ferrol: 981 354 705

Lugo: 982 221 997

Ourense: 988 210 076

Pontevedra: 986 896 866

Vigo: 986 234 652

OGALLÁ NON SEXAN PRECISOS!!!

PAZ PARA TODOS E TODAS.


jueves, 2 de mayo de 2024

PROTOCOLO SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS E TRATAMENTO DA IMAXE.


 

Esta entrada vai tratar de que facer coas imaxes dos menores, quen as pode utilizar e con que fins e cando podo autorizar o seu uso e cando retirar a autorización para a utilización das mesmas.

jueves, 4 de abril de 2024

PROPOSTA DE MERENDAS SAUDABLES PARA OS RECREOS.

 

Desde o cole, tratamos de colaborar no coidado da alimentación e a saúde en xeral, por eso facemos esta proposta de merendas saudables para os recreos do noso alumnado.

miércoles, 10 de enero de 2024

PROTOCOLO SOBRE ACOSO E CIBERACOSO

 


As redes sociais e internet, sen control dun adulto, son un mundo demasiado grande e complicado, para que unha persoa de curta idade poida "dixerir" e manexar toda a información que atopará detrás das pantallas, a maiores, detrás dunha pantalla segue sendo sinxelo agocharse para facer dano: críticas, calumnias, insultos, imaxes trucadas e vídeos compartidos, de carácter daniño... Por todas estas cuestións temos que ter controlado o tempo de exposición dos menores aos dispositivos conectados e estar presentes.

 

 

 


jueves, 28 de diciembre de 2023

TODOS E TODAS SOMOS CAPACES.

 


"La diversidad es que te inviten a la fiesta. La inclusión consiste en que te saquen a bailar."

Verna Myers

Todas as persoas temos capacidades diversas, con máis ou menos axuda, todos e todas somos CAPACES de facer... Somos quen de pintar, de tocar, de cociñar, de coser, de coidar aos demais... Cada persoa ten unha ou máis capacidades. É cuestión de atopar o noso camiño ou aquelo que nos gusta e poñer a disposición de todos e todas os medios para atopalo.

Unha visita moi especial!

O 20 de decembro tivemos a visita de María Eugenia, unha artista que leva xa uns anos pintando. Ela, atopou a alguén que lle axudase a ver que a pintura era algo importante na súa vida, o seu mestre de arte.

 


Nas dúa imaxes que acabamos de ver, están as súas obras.

 

Que pinta María Eugenia?

María Eugenia pinta a música, é dicir, aos seus artistas preferidos, que son moitos, porque lle encanta a pintura, pero tamén a música. Pintou a Julio Iglesias, a Mónica Naranjo, a súa preferida, a Rocío Jurado... O seu motivo preferido é o retrato, por eso sempre veremos figuras humanas.

 A "Mary", como lle chama o seu mestre, encántanlle as cores, sobre todo a vermella. As súas pinturas transmiten moita ledicia.

Recentemente, e ata o 17 de decembro deste ano, fixo unha exposición en Rianxo, titulada "Súper Pop", coma o nome da revista.

Como comezou María Eugenia?

María Eugenia, comezou despois de ver un cadro, o Guernica de Picasso, no que se representa a desgraza da falta de respecto entre as persoas, na súa peor face, unha guerra, que non hai moito afectou ao noso país.

Quen axudou a María Eugenia a atopar o seu camiño, a aquelo do que é capaz?

O seu mestre de arte, acompañouna en todo este proceso creativo e de elección dese camiño que comentamos antes. María atopou nas formas cubistas de Picasso unha forma de pintar que lle serve para expresarse e relaxarse, como ela dixo, en resposta a algunha das preguntas que lle fixeron.

A entrevista dos pequenos e pequenas xornalistas.

As nosas nenas e nenos convertéronse en entrevistadores e entrevistadoras, que lle fixeron moitas preguntas, para saber sobre ela e o seu amor pola pintura. O traballo destes catro xornalistas foi xenial.



 

 

Aquí os tendes, durante a entrevista.



Un público hospitalario, cariñoso e respectuoso.

Todo o alumnado estivo moi pendente e atento ao que tiña que dicirlles e logo preguntáronlle todas as curiosidades que tiñan.

Foi un moi bonito día!


lunes, 4 de diciembre de 2023

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS


Aquelo que publiquemos na Rede, pode ser moi bo, como pode perseguirnos para o resto da vida. Aprendamos e ensinemos aos e ás máis novos e novas, a protexerse de quen se agacha detrás das pantallas e de perfís falsos.

PROTOCOLOS SOBRE ACTUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIAS SANITARIAS.

     O primeiro paso, cando a situación saia do que poidamos manexar é, de inmediato pedir axuda e se se pode chamar a estes teléfonos, segu...