"La diversidad es que te inviten a la fiesta. La inclusión consiste en que te saquen a bailar."
Verna Myers
Todas as persoas temos capacidades diversas, con máis ou menos axuda, todos e todas somos CAPACES de facer... Somos quen de pintar, de tocar, de cociñar, de coser, de coidar aos demais... Cada persoa ten unha ou máis capacidades. É cuestión de atopar o noso camiño ou aquelo que nos gusta e poñer a disposición de todos e todas os medios para atopalo.
Unha visita moi especial!
O 20 de decembro tivemos a visita de María Eugenia, unha artista que leva xa uns anos pintando. Ela, atopou a alguén que lle axudase a ver que a pintura era algo importante na súa vida, o seu mestre de arte.
Nas dúa imaxes que acabamos de ver, están as súas obras.
Que pinta María Eugenia?
María Eugenia pinta a música, é dicir, aos seus artistas preferidos, que son moitos, porque lle encanta a pintura, pero tamén a música. Pintou a Julio Iglesias, a Mónica Naranjo, a súa preferida, a Rocío Jurado... O seu motivo preferido é o retrato, por eso sempre veremos figuras humanas.
A "Mary", como lle chama o seu mestre, encántanlle as cores, sobre todo a vermella. As súas pinturas transmiten moita ledicia.
Recentemente, e ata o 17 de decembro deste ano, fixo unha exposición en Rianxo, titulada "Súper Pop", coma o nome da revista.
Como comezou María Eugenia?
María Eugenia, comezou despois de ver un cadro, o
Guernica de Picasso, no que se representa a desgraza da falta de respecto entre as persoas, na súa peor face, unha guerra, que non hai moito afectou ao noso país.
Quen axudou a María Eugenia a atopar o seu camiño, a aquelo do que é capaz?
O seu mestre de arte, acompañouna en todo este proceso creativo e de elección dese camiño que comentamos antes. María atopou nas formas cubistas de Picasso unha forma de pintar que lle serve para expresarse e relaxarse, como ela dixo, en resposta a algunha das preguntas que lle fixeron.
A entrevista dos pequenos e pequenas xornalistas.
As nosas nenas e nenos convertéronse en entrevistadores e entrevistadoras, que lle fixeron moitas preguntas, para saber sobre ela e o seu amor pola pintura. O traballo destes catro xornalistas foi xenial.
Aquí os tendes, durante a entrevista.
Un público hospitalario, cariñoso e respectuoso.
Foi un moi bonito día!




No hay comentarios:
Publicar un comentario