A figura da coordinadora-or de benestar créase coma intermediario-a nos casos de conflito ou violencia no centro educativo.
Entre as funcións que se lle encomendan están:
Poñer a disposición de toda a comunidade os protocolos a seguir en caso de que xurdan problemas de violencia, acoso, etc.
Velar pola protección de datos dos menores ao noso cargo.
Promover a formación en cuestión de benestar e convivencia entre o profesorado, o alumnado e toda a comunidade educativa.
Promover unha alimentación e vida saudables.
Achegar ao alumnado todas as experiencias posibles, a través de charlas e obradoiros sobre saúde e benestar físico e emocional.
Facer fincapé na convivencia desde o respecto cara todos e todas, independentemente do seu aspecto, crenzas, sentimentos, orixe, opinión, etc.
Inculcar a importancia de tomar decisións democráticas e negociadas, dentro do grupo.
Tratar de que a ferramenta, para solventar os problemas, sexa a palabra, etc.

No hay comentarios:
Publicar un comentario