Un blogue para axudar.
Se non estamos todos e todas non estamos ben.
Unha pequena reflexión.
O BENESTAR
Nun
mundo dixital, en que, en cuestión de segundos podemos respostar a unha
mensaxe, estamos máis sos e soas, ca nunca. Vivimos as vidas de outros
deixando as nosas atrás. Temos menos tempo para compartir en familia,
perdendo o realmente importante. Falta tempo para escoitar, para volver a
xogar, para rir, para camiñar na natureza...Que tal se o recuperamos?
A aprendizaxe para xestionar as emocións, tanto positivas coma negativas vai formar parte do camiño cara o benestar.
A CONVIVENCIA
Como menciono no inicio desta entrada, "Se non estamos todos e todas, non estamos ben".
Aprender que somos diversos e diversas, non só no aspecto, tamén nas formas de pensar, de sentir, de traballar, de ocupar o tempo de lecer, etc. Valorar os esforzos dos que me arrodean, e entender que non todos-as teñen as mesmas oportunidades, aumentaría a empatía, tan necesaria hoxe en día.
Neste espazo van ter cabida
informacións: protocolos, actividades no colexio, vídeos, contos,
recomendacións de lecturas, etc, lugares de interese para tentar
solventar calquera tipo de dúbida ou inquedanza, que poidan axudar a
todos e todas a mellorar aspectos relativos a este importante eido da
vida.
A QUE LLE CHAMAMOS SER FORTE?
" -El primero en pedir disculpas es el más valiente. El primero en perdonar es el más fuerte. El primero en olvidar es el más feliz." Sri Ravi Shankar
O máis forte non é o que pega, non é o que nunca dá o seu brazo a torcer, non é quen vive no rancor, pero en fronte ten que estar quen acepte esas disculpas, quen acepte o perdón e quen esqueza coma nós.
