viernes, 24 de noviembre de 2023

O 25 DE NOVEMBRO DE 2023

 

O 25 de novembro, desgraciadamente seguimos tendo que lembrar que a violencia contra as mulleres non desaparece.

52 mulleres mortas, ata o día desta publicación. Hoxe 28-11-23 mortas 3 máis.

Cando vai parar?

No colexio tratamos de concienciar, para eso fixemos unha serie de actividades durante toda a semana:

- O mural sobre "para que son as mans?", en que dicimos BASTA.

- O Scape Room, proposto polo Concello, a cargo da empresa Lucus Scape Room

- O atado de lazos no muro do colexio.

- O obradoiro "A Cidade Violeta", dirixido polo escritor e ilustrador Anxo Fariña.

- Reparto do material da Fundación ANAR.

Cada neno e nena levou para a casa unha pulseira co teléfono no que se pode pedir axuda. 

Agora imos ver a foto do díptico que levaron os maiores de 5º e 6º e que, no caso dos que xa se van ir pronto cara o instituto, nos pon alerta sobre certos sinais e como actuar diante destas situacións de violencia de xénero e acoso. Estes van estar presentes nas aulas e na entrada do colexio e na conserxería.









































A Fundación ANAR, coa que o Goberno ten un acordo, proporcionou este material.

Para os maiores este vídeo, que verás clicando aquí. O vídeo  vai incidir en momentos, máis habituais do que pensamos, que non deben deixar que ocorran. O título e nome da campaña é "La violencia contra la mujer no tiene edad".

Cada ano tentamos que o alumnado do colexio sexa consciente, dentro das súas capacidades de comprensión, de que a violencia non é o camiño. No terceiro ciclo xa comezan a entender que é a violencia contra a muller. 

Non perdemos a esperanza de que as campañas e actividades de concienciación axuden a que escollan unha boa persoa como compañía de vida, unha vida plena e libre.

A lei contra a Violencia de Xénero establece no artigo 17 a garantía dos dereitos das vítimas, con independencia da súa orixe, relixión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Cantas formas de violencia contra as mulleres existen?

A violencia contra a muller ten moitas formas de manifestarse:

1. Pode ser violencia física: golpes, empurróns...

2. Pode ser violencia psicolóxica: insultos, menosprezos...

3. Violencia vicaria: A violencia vicaria é a que utiliza o maltratador para facer dano á muller, a través dos seus seres queridos, sobre todo dos fillos e fillas. 

 O TELÉFONO PARA DENUNCIAR AGRESIÓNS CONTRA A MULLER É O 

                                            016

Que é o 016?

O 016 é un servizo telefónico de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

Este servizo está coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, por medio da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

Poden saber se chamei ao 016?

A chamada a este servizo non deixa pegada na factura. A chamada é confidencial. Non aparece tampouco na factura nin na marcación do móvil e nunca no rexistro de chamadas realizadas do teléfono.

Cando podo chamar? Canto custa a chamada?

O 016 funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano. É un servizo de balde. 

Quen está ao outro lado?

Ao outro lado atenderante un equipo de profesionais con formación especializada en violencia de xénero.

Quen pode chamar a 016?

Ao 016 podemos chamar todos e todas: as vítimas de violencia de xénero, persoas do entorno da vítima (familia, amizades, veciños-as, etc.), profesionais que estean atendendo a vítimas de violencia ou que coñecen unha situación deste tipo.

Que pasa se o 016 detecta que hai un risco?

O seguinte paso vai ser derivar a chamada ao 112 e así dan resposta rápida.

O 016, un servizo moi completo. Que información ofrece?

 A información pode ser sobre servizos sociais, emprego, recursos de acollida, axudas económicas, etc.

Para dar estas informacións temos dous departamentos:

a) Departamento de Información Xeral. Informa de onde se prestan os servizos de atención, emerxencia, apoio e recuperación.

b) Departamento de Asesoría Legal. Este departamento dá información legal especializada en materia penal (sobre medidas cautelares, sobre ordes de protección), en materia civil, de custodia dos-as fillos-as, información sobre estranxeiría (asilo) e outras.

 O 016, os menores e as persoas con discapacidade.

Os-as menores son vítimas da violencia, para eles-as, o 016 ten un acordo con ANAR (Asociación de Axuda a Nenos e Adolescentes). O teléfono para atendelos-as é o 

900 20 20 10. Ver os dípticos a cor de máis arriba.

As persoas con problemas de audición ou de fala poden poñerse en contacto co 016  a través do número 900 116 016.

Desde o 3 de xullo de 2009 o 016 incorpora un sistema de traducción simultánea en 51 idiomas.

A ONDE MÁIS PODO ACUDIR?

Podes denunciar chamando ao 091, que é o teléfono da Policía Nacional. Este corpo de seguridade ten, hoxe en día, unidades especializadas en atención e seguimento de casos de violencia de xénero.


 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROTOCOLOS SOBRE ACTUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIAS SANITARIAS.

     O primeiro paso, cando a situación saia do que poidamos manexar é, de inmediato pedir axuda e se se pode chamar a estes teléfonos, segu...